lirik.web.id
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

lirik lagu sondarúa – rarezas

Loading...

son rarezas, son rarezas
sondarúa

alex arnoso:

deixo a preguiza noto esa brisa
estamos na galiza modo ibiza
en pé pero dobrados coma esa torre de pisa
moitos pegan tiros dende a herba coma güiza
vaia risas, fuman shishas, fardan minten máis co grupo prisa
moitos buscan ostias pero meu non van a misa
non é traidor o que te avisa
volta a salsa, salta con esta panda, busca a rumba
alumbra cada penumbra que, antes facían dano pero agora pártome
van de estrellitas dando máis asco co jácome
ah, isto é para miña irmá, con estudos sen traballo, xa marchou de acá
papel smoking non de panamá, isto é excitante como guaraná
ron habano, con punto cubano, notas de piano
soa ben bacano, vinte danzando no aire coma unha partícula
non son garda pero collinche a matrícula
esta noite quero que se escoite o tumbao
ímolo pasar de morte, elevar vasos o meu deporte
non son dipolo pero vou dobrao, chega o vrao!
rareza, tiene mi guajira
rareza, belleza y sabor

hugo guezeta:

hoxe estou liberado, desenfadado
voltou o pavo máis liado do condado
sei cando comezo pero non sei cando acabo
rajas do meu grupo pero pediches colabo
pide outra ronda, dalle chula non te escondas
vente para aquí que hoxe a festa está redonda
bebendo de free por tocar somos a monda
isto non é reproches isto é unha bomba
no boombap tumba cumbia que te desfonda
de pontakas ata monda porriño longa
noite de pedra, a peña berra
fóra ence da ría de pontevedra
a doble moral de merda
ucraína sí palestina vale verga
mexan por riba de nós deixa que erga
abrázame, ata que o psoe s~xa de esquerdas
hugo como te pasas
logo non te chaman pra tocar e todo casa
parando todas parezo vicente guaita
non lambo cús para sair na telegaita
ai tanto diso, que normalizan
nosa cultura se poden ridiculizan
a minimizan, ai pobreciños
antes corto unha man que vou ao son do camiño!
rareza, tiene mi guajira
rareza, belleza y sabor

retrouso
cando toda falla, volta sondarúa dando fire
non queremos fama nin buscamola medalla
seguimos firmes na batalla
non viñemos a tirala toalla

cando toda falla, volta sondarúa dando fire
non queremos fama nin buscamola medalla
estado policial pásase da raia
absolución e forza para chema naia!

cando toda falla, volta sondarúa dando fire
non queremos fama nin buscamola medalla
seguimos firmes na batalla
non viñemos a tirala toalla

cando toda falla, volta sondarúa dando fire
non queremos fama nin buscamola medalla
seguimos firmes na batalla
non viñemos a tirala toalla


Lirik lagu lainnya:

LIRIK YANG LAGI HITS MINGGU INI

Loading...