lirik.web.id
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

lirik lagu s.e.s. – non son fada

Loading...

se teórica é a causa
práctica é a consecuencia
non quero asumir ausencias
se teórica é a causa
práctica é a consecuencia
non quero asumir ausencias
nin chorar para partir
comer e deixar que comas
vivir e deixar que vivas
loitar se a loita é precisa
e rir se é preciso rir

non son fada nen princesa a quen mirar

non sei cobrar cando estimo
nen dou se non quero dar
quero falar e falar
sen dar nada por ouvido
camiñar cos pés no chan
negar deuses asasinos
non crer sen ver, dubidar
confiar só nos sentidos

fanme rir porcos de pé
contemplo olvido e memoria
só forxa patrias a historia
fabríqueas quen quixer
cuspo enriba do papel
que mutile a identidade
viro as costas ás vaidades
deséxolle a morte aos reis


Lirik lagu lainnya:

LIRIK YANG LAGI HITS MINGGU INI

Loading...