lirik.web.id
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

lirik lagu s.e.s. – milonga de aquí

Loading...

con aire fresco de mar
curo feridas e loitos
que s-xan poucas ou moitos
é necesario sanar
e vendo o mundo rodar
dando tumbos de vencido
dou por perdido o perdido
e recollo o que quedou
e co que me queda vou
seguindo o meu percorrido
para seguir camiñando
f-go noite na esperanza
apóiome nas lembranzas
e aliméntome de sons
e nútrome das cancións
que dan cor a esta existencia
evitando a disidencia
dun obrigado vivir
que me fan chorar e rir
que me instalan na insurxencia
e quero bailar ao ritmo
do que vive ilusionado
e coa voz do silenciado
cantar quero con paixón
coa querenza e coa emoción
da que non pretende nada
máis que seguir namorada
mentres quede corazón
aspiro a soñar esperta
para facer máis levadeiro
este treito traizoeiro
que garda unha fin incerta
e cantar a gorxa aberta
e deseñar utopías
para encher de luz os días
en que o sol non me sorrí
en que non te teño a ti
para inspirarme melodías
e así seguirei rimando
no medio do bombardeo
emulando o canso reo
reconvertido en poeta
que ten o fóra por meta
e ten o dentro baleiro
un ollar sempre tristeiro
e o pensamento no ar
onde voa o meu cantar
onde non hai carcereiro
invocando a redención
neste recuncho do mundo
faise o meu cantar profundo
como a terra en ultramar
coro faise o meu cantar
ao saberme secundada
aínda sendo abandeirada
dos que as levan de perder
é por eles que hei morrer
sentíndome acompañada
e na liberdade áurea
do melódico elemento
baila a risa co lamento
e o cego co soñador
o paria co gañador
e o rebelde co castrado
que, co sentir mutilado
ignora aquilo que eu sei
por el é que eu berrarei
para velo liberado


Lirik lagu lainnya:

LIRIK YANG LAGI HITS MINGGU INI

Loading...