lirik.web.id
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

lirik lagu guadi galego – bola de cristal

Loading...

[letra de “bola de cristal” ft. guadi galego]

[verso 1]
estou construíndo unha bóla de cristal
para poder adeviñar cal é o final
hoxe semella que non chove pra cear
se ti quixeras eu convido a navegar
podemos xuntos compartir do máis alá
ou deste mundo que é o que quere ou non nos dá
si non nos presta non nos anda ou non nos fai
si pola contra o que quer dar que falar

[retrouso]
aquí estou eu dando brillo a ese cristal
para contar que este meu reloce máis cando ti estás
i aí estás ti dando pé para falar
de poemas, de sistemas que nunca funcionarán
e que máis tеn se a desculpa é combinar

[verso 2]
na outra esquina hai un saco dе emocións
trocan cravos contra armas de ocasión
ollos que choran ou se pechan por amor
semellan cadros dunha grande exposición
poden os astros conquistar outra galaxia
e baleirar de toda luz a vía láctea
poden as monxas ocupar calquera mosteiro
e remover coa súa ollada o mundo enteiro
[retrouso]
i aquí estou eu dando brillo a ese cristal
para contar que este meu reloce máis cando ti estás
i aí estás ti dando pé para falar
de poemas, de sistemas que nunca funcionarán
e que máis ten se a desculpa é combinar
entre esta terra ese ceo e este mar
ti e máis eu e a bóla de cristal


Lirik lagu lainnya:

LIRIK YANG LAGI HITS MINGGU INI

Loading...