lirik.web.id
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

lirik lagu dios ke te crew – as dúas caras da moeda

Loading...

+joder…
-que ben, si señor…

-amanece, que bo dia fai hoxe
+merda, xa teño que levantarme e hoxe non teño o meu coche
-oh oh o sol sorrieme dende o horizonte
+joder menuda chea de garrafón que pillei onte
-pois voume levantar almorzar, pegarme unha ducha das guapas
+doeme a cabeza, doenme as pernas, menuda resaca…
-saio da casa e xa respiro aire puro
+hoxe non vou a currar nin de coña, que lle den por culo!
-von visitar as miñas plantas que cheiran mellor que as rosas
+a miña vida cheira tanto a whiski que entra meu pai e tapa as fosas
-coño bos dias veciño, que pasa? que tal estas?
×menuda chea pillaches onte eh? cajono rapas
-veña oh vente conmigo meterlle un cafe con gotas
×escapa da cama desghraciado e xa te estas calzando as botas!
-que ben me senta, un bo cafe de pota cunha boa caña d-herbas
+merda, cheguei tarde a estacion e palmei o bus, que puta merda!
-taloguiño veciño, taloguiño (hasta loguiño)
+me jiño me jiño en españa!
-gracias pola caña meu!
+que mala saña que tivo este tipo, que coño ghaña, deixandome perdido colgado aqui ma estacion, e que carallo lle digo eu aghora eu o patron, que cabron!, que me viu e se riu, deixandome con cara de cubito aqui, pasando friu!
-ostia tio!, vaia cogoios mais guapos me gasto este ano, son o puto amo, me vou facer de ouro hermano, tan guapa esta que esta calidad se vende na rua ata lego gramo!, ou igual paso e fumoma todo de goloso, e non llo digo a nadie jajajajaja que bah!, colleitas para ti, colleitas para min, 50 para extra pero 50 para compartir
+e voume rir, por non chorar, buscar moeda e chamar, para avisar, buscar cabina e pensar, que vou decir? que vou decir? mecagona puta outra vez que teño que mentir…
-porque hoxe estou que rebento por todos lados, fun tomar un cafe nun bar e lle metin 20 centavos, buah traga, 2 abances, premio especial, 150 euros para a banca nunca veñen mal!
+busco un euro no meu peto, vou a cabina que esta mas preto, metollo polo burato e merda! fodeuse o aparato!, o vello truco do peruco que che pega o pau co papeluco non lle fai falta sacarche faca nin trabuco!
-mira ti que sorte que hoxe a sorte me persigue, colleita, traga perras, e agora unha carta con remite de amsterdam do meu primo irman, esto cheira que mete medo, os cans maderos deveron estar moi ciegos porque esto leva dentro o demo!, media calada xa te mata, fumate a blanca!, dios vendiga os holandeses e as suas plantas
+despos de cagarme en todo e de mirar varias veces nos petos cain na conta de que era a ultima moeda que non tiña un peso, o seguinte paso e sacar pasta a un caixeiro, e vai o cabron e tragame a tarxeta! tocoume o premio!, hoxe non e o meu dia non oh, puta tecnoloxia mellor, tiro pra casa outra vez e xa chamo dende ali e via si arranco, polo camiño botei un taqueo nun banco do parque, e xusto vai un madero vai e trincame! me planto, hoxe non e o meu dia non oh! puta policia mellor calome a boquiña señor…
×acompañeme a comisaria axiña
-mais lento que a seguridade social e ca cabeza chea de fume vou o super para ver se remata o meu disfrute por hoxe, levo un dia susa que non mo creo, pnme un par de gallumos e unhos pellizcos nos huevos, porque esto desafia a realidade, saio pola porta enfrente un quiosco novo de loteria, ostia!, se cadra todavia non rematou o meu dia, ponme un rasca y gana da rana ese gana f-gome cristiano, un 7, dous 7, esto pinta ben hermano..
+como non señor axente non hai mal que por ben non veña, polo menos poderei chamar por telefono a quen s-xa, pero as cousas non son sempre como ti te imaxinas, cheguei a maderolandia e caeronme unhas pinas, resultou que o madero xa quedara ca miña firma e que me odiava porque lle taqueara varias veces na sua finca e eso non era nada, tiña mil fotos doutras movidas miñas arquivadas e caeme un puro que te cagas!, unha multa por danos e prexuizos, 3.000?, unha recua de multas de aparcamento 3.600, puxenme tonto con dereito e nunca deixen sin suplemento, inxurias e desacato a autoridade 400?, en total 14.000 pavos que non tiña servicios a comunidade unha condena de 2 anos a sombra sen ver a claridade, mecagondios que fixen eu para merecer esto! encima non podo chamar o traballo para dar un pretexto! vou quedar sen curro seguro, o outro dia cheguei tarde e o xefe puxoseme todo cazurro, merda merda!, a quen vou a chamar para que me saque desta?, merda merda merda merda!, a quen vou a chamar para que me saque desta?
-outro 7! festa!, dios querido! facede sitio na igrexa porque penso ir todolos putos domingos! dios existes! encantado de coñecerte!, 20.000 machacas e un sinal bastante decente…creo en ti!, esto hai que celebralo por todo o alto! avisa os teus apostolos vou facer unha festa de infarto! que veñan todos: a virxe, a mula, os reies magos!, que non falte ninguen porque hoxe aqui me nombran santo!xa estou chamando os meus colegas para que se vaian preparando, que pasa nilingus que estas tramando?
×sabe usted con quien esta hablando?
-si hoxe hai unha festa no ceo, trae algo bo de contrabando! 😉
×aha con esas me ando, no le llegaba a este mentecato con el desacato pintando la mona en mi valado resien blanqueado, que aun encima metido en el contrabando!
-pero que me dis! eres chuck el berry, estasme puteando?, pasame a nilingus anda que nos estan esperando!
×uiii a mi no me venga hablandi en bilingue oyo? si quiere contactar con su amigo no le queda otra que person-rs- personalmente aqui, y se lo dice el cabo ameneirode la guardia civil!
– mira ameneiro non sabe donde se mete! temos os reies magos da nosa parte, un boleto cheo de billetes, anda, diga unha cifra marque vostede unha pauta, canto vale a sua liverdade? acepta un rasca y gana?
×ya veo que os gusta la tangana, haber peludito convence a tu amigo de que suelte la lana…
+estou aqui detido retido metido no caldeiro non me deu un triste bocadillo o rata de ameneiro votaronme do curro e haber como coño f-go porque teño que pagar un puro de 14.000 pavos!, e trago saliba tou sudando coma un burro porque teño unha resaca guapa pero non un duro!, e mecagontodo! nin que tivera un mal de ollo! haber que carallo f-go agora pra salir do trullo!
-tranquilo nilingus, xa estou cerca, dille a ameneiro que non flipe e que che vaia facendo a merenda, que prepare os papeis, saiches caro pero saes desta, ainda nos quedan 6.000 pavos para irnos de festaaaa!!


Lirik lagu lainnya:

LIRIK YANG LAGI HITS MINGGU INI

Loading...