lirik.web.id
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

lirik lagu ataque escampe – mondariz-balneario

Loading...

onte fun andar pola beira do sil e pensei que a vida é como un río
había tempo que non ía por alí e continúa todo igual de aburrido: pais contra pais á saída dos colexios, nenos que van pelexar cos seus amigos
xa non teño facebook para poñerme a espiar (o persoal é moi presumido) nin espazo para arquivos ilegais, documentais de estados unidos: napoleón na pirámide de keops, as dimensións do espazo infinito
e cando trato de ser eu mesmo, mexa un can negro no meu portal
por min non conspirará o universo
e asumo xa que a felicidade non chegará xamais
teño un cravo tan cravado no corazón que con razón me doe sempre o peito, teño sempre unha constante preocupación por ir por diante do que vai sucedendo
sorte fatal a que vai sempre comigo
cal é o mal que me vén de nacemento?
pero por máis que o des~xe forte, nunca son quen de sentirme ben
no tarot sempre me sae a morte
e cando vou contigo pasar unha fin de semana ao balneario de mondariz~balneario de retiro espiritual, tamén


Lirik lagu lainnya:

LIRIK YANG LAGI HITS MINGGU INI

Loading...