lirik.web.id
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

lirik lagu alfredo marques – at-49

Loading...

o sol, baril muiñeiro
pingotas de choiva moe
o arco da vella peneira
fariña de sete cores

os ventos, mozos do pobo
polos agros a cantar
terán de rubir ao ceo
pola noite a rebuldar

vente, ventiño do norte
ventiño norteiro
a cantarme, vente
ventiño norteiro, vente
ao belo concerto
o sol muiñeiro
de pan un anaco
que moeu de día
farto de traballo
ao van do poñente
vai asubiando
amata o candelo
e fica deitado

vente, ventiño do norte
ventiño norteiro
a cantarme
vente, ventiño do norte
ventiño norteiro
a cantarme

ventiño norteiro (ventiño norteiro)
ven darme xeado beixo
(ao belo concerto, vente)
ventiño norteiro, a cantarme
(ventiño do norte, a canción do frío inverno)
a canción do frío inverno

ventiño do norte, ventiño norteiro
ven darme xeado beixo
ventiño do norte, ventiño norteiro
ventiño
ventiño do norte, ventiño
ventiño norteiro, ven darme…
ventiño norteiro, ven cantarme


Lirik lagu lainnya:

LIRIK YANG LAGI HITS MINGGU INI

Loading...