lirik.web.id
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

lirik lagu aldaolado – por que non hai flores

Loading...

[pre~coro]
sabes que as noivas sempre chegan tarde
menos ti e eu que chegamos moi cedo
dilles que poñan amigas e amantes
nese papel que asinamos tremendo

[coro]
ninguén recorda unha festa secreta
non queriamos ser en nada as primeiras
por que non hai flores?
estaba aquel día cerrada a beleza

[interludio]
dende aquí, e hoxe, cremos que o pasado e una noite sen lúa
as mans das árbores apreixan, as súas miradas son sombra
e non hay brisa nin sitio para nós
pero non sempre, non todo, é así

elas son un candil aceso a beira dun camiño
unha ánima que brilla nunha encrucillada
lucecús entre as silveiras
dúas lampariñas, coma lanchas de cortizo ca súa lapa navegando sobre o aceite
a alborada

o amor e tamén así, teimudo
non [?] das fauces nin dos tormentos
e del nace amisade e beleza
elisa e marcela tiñan un amor de agua
a agua sempre atopa un camiño
por verse seu nunha ruta agochada e silenciosa
apenas unha pingueira baixo manto da terra
e outras unha fervenza que berra o seu orgullo dende as alturas
pero sempre atopa un camiño

as noivas teñen fama de chegaren tarde
menos elisa e marcela, que chegaron as primeiras

[ponte]
por todalas portas que xa non se pechan
todas abertas a golpe de pedras
un verso pagán que berramos espidas
e o corpo e fogueira do mor quen crepita

[coro]
ninguén recorda unha festa secreta
non queriamos ser en nada as primeiras
por que non hai flores?
estaba aquel día cerrada a beleza


Lirik lagu lainnya:

LIRIK YANG LAGI HITS MINGGU INI

Loading...