
lirik lagu xmaseda65 - pontes
nacín entre pontes, en viveiro no lado de acó
os findes e vraos aos dous laos das do río sor
nunha terra marcada polo mar e o alcol
onde pega moito mais o nordeste que o sol
fun o pequeno de tres, bueno aínda o son
pero xa nunca comemos os cinco sós
eu e laura xa somos tíos, meus pais avós
e maría xa é mais de seus fillos que de nós
e eu estou encantado, non me entendades mal
é lei de vida, xa o dixo hai tempo papá
pero dáme ansiedá ter que aceptar que con miñas irmás
pasei mais tempo xa do que me queda por pasar
supoño que eso é facerse maior
tom~rs~ a vida como ven, non hai outra opción
algún día darei dormido na habitación
que foi de pepe e anita e despois de anita só
pero aínda non, aínda é moi cedo
son moitos cambios en pouco tempo para entendelos
non é tan fácil aceptar que xa non son un neno
e moito menos que nunca vou a volver a selo
nin a xuntarnos todos, nin a ter quince anos
e nunhos poucos tamén será un recordo santiago
vivo querendo apreciar o momento e valoralo
pero cando me dou de conta xa solo é pasado
falo en catro temas do mismo, ahora en cinco
como non ía ser así o último track do disco
si só escribo o que son, e son o que estou vivindo
e estou vivindo nunha ponte entre mundos distintos
entre as tardes eternas no parque xogando ao fútbol
e os días jodido, perdido entre plans de futuro
quero volver a queixarme de que non valen furos
non de ter que aguantar subnormais por catro putos duros
e non faigo esto por pasta, xa o dixen moitas veces
xa irá chegando a medida que todo esto crece
non soño con cochazos nin esas gilipolleces
só con non ter que volver a rirlle as gracias ao meu jefe
e con que esto saia ben para que os meus vellos
dediquen a vida a vivir e non ao traballo
que levan trinta anos sacando adiante tres fillos
e xa lles toca disfrutar e rascar o carallo
tardes e noites encerrado, queimando papel
días de precociñada e cama sin facer
no equilibrio entre entender que non poido estar sempre ao cen
e saber que ou me gaño o meu plato ou quedo sin comer
e así foi nacendo todo esto
e así me fun facendo a min mesmo
soñando en grande, tomándoo en serio
pero vendo desde neno que é unha estafa o da cultura do esfuerzo
vin a quen quero levant~rs~ toda a vida cedo
e ter que renegar de soños que sempre tuveron
supoño que a vida tamén é soñar e planear
aínda que ao final nada saia como queremos
porque o de arriba se ríe dos planes que facemos
e claro que a min tamén me da medo
invertir todo este tempo pao final perdelo
ter que morrer coa sensación de que ao final perdemos
un beso a todos os que me destes o voso amor
esto é voso, porque eu son cachos de vós
son paragüero, son kanike, e sobre todo son
o pequeno de mari e lolo, que ahora xa é maior
que ahora xa é maior
que o tempo o cambiou
pero non olvidou
que está feito de cachos de quen lle deu amor
e se olvido quen son
sei que vos teño a vós
e que non estou so
que vou ser sempre o pequeno que ahora xa é maior
Lirik lagu lainnya:
- lirik lagu rava & adelinmm - shegondie
- lirik lagu sonixxx - пепел (ash)
- lirik lagu prettifun - nothing 2 prove* dupe
- lirik lagu atrax morgue - frustration
- lirik lagu sk sweep - bad day
- lirik lagu idkuweo - дисфория
- lirik lagu ali sethi & nicolás jaar - intiha
- lirik lagu petr novák & george & beatovens - otázky v tvých očích
- lirik lagu jerimiawongo - ps2 controller
- lirik lagu snoh aalegra & kayarchon - in your eyes (remix)