lirik.web.id
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

lirik lagu xmaseda65 & willow (ghz) - tempo gastao

Loading...

canto tempo gastao, sacrificao, canto invertido
canto pelexao, canto calao, pa darlle sentido
canto tirao, canto queimao canto temos perdido
si están ao meu lao, non tou preocupao, solo agradecido

nena de que carallo me vai servir
este tempo invertido este tempo gastado
sei que non o malgasto se o invirto en min
pero é que non teño tanto como pa tiralo

só pido saber cando me teña que ir
que non me pirei de aquí sen intentalo
que tirei portas que non querían abrir
que non foi en vano

e si ao final todo esto non se da como penso
si me quedo no intento saberei
que invertín ben o tempo
que morrín perseguindo o que soñei

que dín mais que ninguén pa
poder chegar a ser quen quero ser
pero quen me coñece ben xa sabe que
nunca xogo a perder
xuntáronse o willow e o xosé maseda, mella e yeremay
contan os contos máis tristes que hai, teñen preocupada a súa nai
vendo pa os nenos que van camiñando e van cas maus detrais
como os pais de seus pais

canto tempo gastao, sacrificao, canto invertido
canto pelexao, canto calao, pa darlle sentido
canto tirao, canto queimao canto temos perdido
si están ao meu lao, non tou preocupao, solo agradecido

unha espiña que se clava vez mais dentro
vou a texto por semana parezo unha imprenta
non me sirve para nada iso de ter talento
é consuelo para parvos pero non sustenta

i eu contento de ver como pedra a pedra
de granito que pulimos no porriño
xa se nota o que fixemos como medra
unha ponte dende o barqueiro o miño

unha ponte que pase por riba das casas de ricos e pobres
que sirva de lazo de unión, que pida se falta, que de cando sobre
fixemos a aposta e perdimos así que invertimos o doble
porque non sabemos perder por desgracia ou por sorte

canto tempo gastao, sacrificao, canto invertido
canto pelexao, canto calao, pa darlle sentido
canto tirao, canto queimao canto temos perdido
si están ao meu lao, non tou preocupao, solo agradecido
canto tempo gastao, sacrificao, canto invertido
canto pelexao, canto calao, pa darlle sentido
canto tirao, canto queimao canto temos perdido
si están ao meu lao, non tou preocupao, solo agradecido

Lirik lagu lainnya:

LIRIK YANG LAGI HITS MINGGU INI

Loading...