lirik.web.id
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

lirik lagu tenue (esp) - letargo

Loading...

[letra de “letargo”]

devir unha partícula luminosa nun fondo abisal
na experiencia deste caos profundo topei un punto de ancoraxe
e lancei unha mirada de medo e respecto
dende este palco de honra

rompín a partitura, e a emoción volveu tornar en pranto
nunca foi o mesmo o mapa que o terreo
así como tampouco conquistar é coñecer

a incógnita, un pequeno brote nun esgallo leñoso
en días sen choiva e sen sol
unha esperanza vana, pero unha esperanza polo menos
un pequeno agarre en caída libre, pero un agarre polo menos

nubes negras afogan o sol; unha faísca de vida aparece
entre cheiro de lixo e graxa
unha maquinaria onde danzan os ratos
rematamos de cargala cruz para vagar en desp~chos
como f~xir do desánimo sen caer no orgullo?

un lapso de morte e un pulso de azares
o vento soprando nunha noite de xasmín
o nacemento dun can sobre cemento espido
o son do atlántico a finais de abril
as mans tendidas nun festín para compartir
o camiño á luz é de frío e feridas


Lirik lagu lainnya:

LIRIK YANG LAGI HITS MINGGU INI

Loading...