lirik lagu ses - torre de almansí
se mañá espertas nunha torre de almansí,
abres a xanela e ves o mar,
non teñas présa por escapar,
non, non, non, non, non,
durme o soño feito para ti,
bebe neses bares en que non ousan entrar
almas coa presenza do marfín,
corpos que nunca dixeron si,
non, non, non, non, non
mentres que tolean por sanar.
o temerario non é cantar
o triste é non vivir.
o heroísmo non é secundar,
é resistir
o gris é un colchón pra descansar,
mais sempre é gris;
e no contraste non te perdes,
na néboa si.
se o auditorio non apalude ao teu favor
e as enquisas todas pintas mal,
non teñas présa por asinar,
non, non, non, non, non
pactos para a sodomización.
apostar mellor pola franqueza do anormal.
invertir en carnes de canón
non opera a …? na oración.
darlle comandancia ao asocial
o suicida non é cuestionar,
é asentir.
nada máis deshonroso que acatar,
nin máis ruín
o gris é un colchón pra descansar,
mais sempre é gris;
e no contraste non te perdes,
na néboa si.
o temerario non é cantar
o triste é non vivir.
o heroísmo non é secundar,
é resistir.
o gris é un colchón pra descansar,
mais sempre é gris;
e no contraste non te perdes,
na néboa si.
Lirik lagu lainnya:
- lirik lagu hellions - ghoul
- lirik lagu alex justice - forget ya
- lirik lagu paradise key - party logistics
- lirik lagu 윤미래 - 그대라는 세상 you are my world
- lirik lagu kidz bop kids - you know you like it
- lirik lagu big mello - knock, knock
- lirik lagu mel brooks - springtime for hitler - part 1
- lirik lagu local jew - hike
- lirik lagu original juan - callejero music
- lirik lagu laura brehm & evoke - serenity