lirik.web.id
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

lirik lagu luar na lubre - teu nome, amarante

Loading...

abre a porta vella
da casa dos seus pais, e
tórnalle as xanelas
e lava as mans no balde

da unha volta á aldea
chamábase amarante.
no amencer só quedan
o nome e a soidade.

meu namorado vai no río
buscando a neve.
meu namorado vai no río
calmar a sede.

lembrou as trabes de ouro
de cando nena.
e ergueu as grades altas
onde caeran.

marcharon todos de alí,
o tempo e a terra,
pero a palabra estaba
no seu lugar.

e lousou con laxes novas a aira
e limpou de broza as viñas,
e inventoulle outra historia a amarante
para contar a unha meniña.

abre a porta vella
da casa dos seus pais, e
tórnalle as xanelas
e lava as maos no balde.

da unha volta á aldea,
chamábase amarante,
pampanos, videiras,
obradoiros e rapaces.

meu namorado, vira o río
e calma a sede, si.
meu namorado, vira o río
e volta a verme.

béixanse as fronteiras
nas casas do arrabalde,
cantas as xanelas
o viño e os amantes

fálalle aos sen terra
do dereito a ocuparen
barrios para a vida,
palabras para a verdade.

e asi foi que esperou polos vivos
a lenda de amarente.
e así foi que aguantou dos camiños
teu nome, amarante.


Lirik lagu lainnya:

LIRIK YANG LAGI HITS MINGGU INI

Loading...