lirik.web.id
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

lirik lagu dios ke te crew - deitado fronte o mar

Loading...

lingoa proletaria do meu pobo

eu fáloa porque sí, porque quero, porque me gosta

porque me peta e dame a gaña;

porque me sai de dentro, alá do fondo

dunha tristura aceda que me abrangue

ao ver tantos patufos desleigados

pequenos mequetrefes sen raíces

que ao pór a garabata xa nan saben

afirm-rs- no amor dos devanceiros

falar a fala nai

a fala dos avós que temos mortos

e ser, co rostro erguido

mariñeiros, labregos do lingoaxe

remo i arado, proa e rella sempre

eu fáloa porque sí, porque me gosta

e quero estar cos meus, coa xente miña

perto dos homes bos que sofren longo

unha historia contada noutra lingoa

non falo pra os soberbios

non falo pra os ruis e poderosos

non falo pra os finchados

non falo pra os baleiros

non falo pra os estúpidos

non falo pra os soberbios

non falo pra os ruis e poderosos

non falo pra os finchados

non falo pra os baleiros

non falo pra os estúpidos

que falo pra os que agoantan rexamente

mentiras e inxusticias de cotío;

pra os que súan e choran

un pranto cotidián de volvoretas

de lume e vento sobre os ollos núos

como é?

eu non quero arredar as miñas verbas

de tódolos que sofren neste mundo

e ti vives no mundo

galicia, dóce mágoa das españas

deitada rente ao mar, ise camiño…

deitada rente ao mar, como é?

é celso emilio ferreiro

e garcia mc

lingoa proletaria do meu pobo

eu fáloa porque sí, porque quero, porque me gosta

porque me peta;

porque me sai de dentro, alá do fondo

dunha tristura aceda que me abrangue

ao ver tantos patufos desleigados

pequenos mequetrefes sen raíces

que ao pór a garabata xa nan saben

afirm-rs- no amor dos devanceiros

falar a fala nai

a fala dos avós que temos mortos

e ser, co rostro erguido

mariñeiros, labregos do lingoaxe

remo i arado, proa e rella sempre, sempre

eu fáloa porque sí, porque me gosta

e quero estar cos meus, coa xente miña

perto dos homes bos que sofren longo

unha historia contada noutra lingoa

non falo pra os soberbios

non falo pra os ruis e poderosos

non falo pra os finchados

non falo pra os baleiros

non falo pra os estúpidos

que falo pra os que agoantan rexamente

mentiras e inxusticias de cotío;

pra os que súan e choran

un pranto cotidián de volvoretas

de lume e vento sobre os ollos núos

eu non quero arredar as miñas verbas

de tódolos que sofren neste mundo


Lirik lagu lainnya:

LIRIK YANG LAGI HITS MINGGU INI

Loading...