
lirik lagu ataque escampe - corazón
quero ás miñas vísceras
sempre me sorrín
non sei se o diría kierkegaard: crían bolboretas cando estás aquí
e hai bocas que cheiran a alcol de queimar e hai outras que cheiran a pasta de dentes
serei un cadáver no fondo do mar: deixade que esta noite me coman os peixes
alan lomax andou por aquí
era o ano 2017
as caras moi xuntas
vivamos como dementes
quero ver o mundo como un extraterrestre: tentáculos galácticos e ollos fluorescentes
xa non bebo alcol, que se me perde a min neste pub?
feeling, emoción: somos eternos pero tamén mortais
que fráxiles os pulmóns
o estómago a piques de estoupar
pero o corazón vencerá
vou á cama elástica: saltan canda min
aínda son bastante cálidas
pero logo un día deixan cicatriz
sairemos do tempo do licor café para entrar no do café e o café con leite, e todas as festas do ano que vén van ser bastante peores que as deste
fela kuti andou por aquí e a música soaba tan diferente
as caras moi xuntas
pálidos e adolescentes
aproveita as cousas que non duran para sempre
gústame tanto, tanto vivir, onde irá esta paixón cando non quede xente?
xa non bebo alcol, que se me perde a min neste pub?
feeling, emoción: somos eternos pero tamén mortais
o fígado é un cabrón
do páncreas quen se vai fiar?
pero o corazón vencerá
Lirik lagu lainnya:
- lirik lagu zebra libra - love.
- lirik lagu andrew jester - far away
- lirik lagu zug izland - love that thing
- lirik lagu aol - ballshorts & breakdowns
- lirik lagu mezzosangue - occhi
- lirik lagu senth
- lirik lagu kaydy cain, los del control & rvfv - recuerdas?
- lirik lagu vkilla - need 4 speed (street)
- lirik lagu pivit - redo
- lirik lagu 衛蘭 (janice vidal) - sshhh…